AXUDAS PARA A CREACION DE EMPRESAS CONCELLO DE VIGO 2015

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar a concesión para o ano 2015 do programa de Axudas Municipais para a Creación de Empresas, no ámbito do Concello de Vigo. coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=514&lang=ga

1192994625concello

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2014 e o 31 de marzo de 2015 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.) que sexan viables técnica, económica e financieramente e que cumpran coas obrigas e os requisitos establecidos. Para o carácter de pequena e mediana empresa terase en conta o establecido no Regulamento CE número 800/2008 da Comisión de 6 de agosto de 2008.

Requisitos

1. Que a empresa teña o seu enderezo fiscal e social en Vigo.

2. Que sexan empresas de nova creación, considerando incluídos, neste concepto, os traspasos de negocios.

3. Que, como mínimo, un dos promotores estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, a lo menos, o seu propio posto de traballo en calquera das formas xurídicas existentes. No caso de ser varios promotores/as, é preciso que como mínimo o 50% do capital social da empresa sexa de titularidade de persoas en situación de desemprego.

4. Non ter débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Economía e Facenda,
coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), nin a empresa nin os/as promotores/as.

5. Non ter débedas co Concello de Vigo, nin a empresa nin os/as promotores/as.

6. Que o/s promotor/es da empresa non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.

7. Que ningún do/s promotor/es houbese recibido a subvención do programa de
Axudas Municipais á Creación de Empresas do Concello de Vigo nos 4 anos anteriores á data de inicio da nova actividade.

8. Non poderán obter a condición de beneficiario/a os/as empresarios/as e as pequenas empresas nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artígo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións (nin a empresa nin os/as promotores/as).

Na data límite de presentación das solicitudes os beneficiarios deberán cumprir os requisitos 1) 4) e 5) deste apartado. O incumprimento destes requisitos dará lugar á denegación da axuda, sen máis trámite. Previo á data límite de presentación da solicitude desta axuda, será o solicitante quén de coñecer e, de ser necesario, regularizar a súa situación para o seu cumprimento coas obrigas tributarias (administracións estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social e poder optar a esta axuda.

Tipos

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe máximo destas axudas será de 3.000€ por empresa beneficiaria e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado nin tampouco exceder da contía total do investimento inicial realizado polos promotores/as.

Os gastos que poderán ser subvencionables corresponderán aos tres meses anteriores e aos tres meses posteriores ao inicio da actividade, agás os gastos de constitución e apertura, que poderán corresponder ao período comprendido dende os seis meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes:

Gastos subvencionables:

a) Gastos de constitución e apertura

Serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa:

a1. Visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos
a2. licenza de obra e licenza de apertura
a3. Alta no Rexistro Mercantil
a4. Certificación negativa do nome da sociedade
a5. Honorarios de notarías por escrituras públicas
a6. Publicación no BORME
a7. Modelo 600 da Xunta de Galicia de constitución da empresa.
b) Existencias iniciais de mercadorías.

Serán subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.

c) Gastos de aluguer:

Serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa:
c1. Local
c2. Vehículo industrial
c3. aplicacións e equipos informáticos.

Ademais do correspondente xustificante do gasto achegaráse o documento acreditativo do contrato de arrendamento para o que se solicita subvención.

d) Primas de seguros

Serán subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade empresarial (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o
desenvolvemento da súa actividade).

Ademáis do correspondente xustificante do gasto achegaráse o documento acreditativo de cada unha das pólizas concertadas para as que se solicita subvención.

e) Subministracións e gastos correntes

Serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial:
e1. auga
e2. Teléfono
e3. electricidade
e4. Gasóleo / gasolina
e5. Material de oficina
e6. Asesoría
e7. Gas
e8. Equipos de seguridade nas súas instalacións (só a cota mensual)
e9. Gastos de difusión da actividade empresarial

f) Dereitos de propiedade industrial

Serán subvencionables o 50% dos seguintes dereitos:

f1. Patentes
f2. Modelos de utilidade
f3. deseño industrial
f4. Marcas de produtos ou servizos
f5. nomes comerciais
f6. Dominio en Internet
g) Imposto de vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Será subvencionable o 50% do custo do dito imposto. Só poderá subvencionarse un vehículo por empresa e sempre que sexa imprescindible para a actividade a desenvolver (transportista, comercial,…).

Todos os gastos referidos poderán ser computados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algún promotor da empresa.

Queda excluído destas axudas calquera outro gasto non incluído expresamente nos conceptos subvencionables anteriormente relacionados, e en ningún caso consideraranse gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

No caso de dúbida relativa a estes gastos será a Comisión de Valoración quen decida.