NOTA DE AVISO – Convocatoria para o ano 2014 do "Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa"- CONCELLO DE VIGO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión de data 26 de setembro de 2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do “Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 188 do martes 30 de setembro de 2014).

1192994625concelloAs solicitudes achegaranse, segundo modelo normalizado (Anexo I), ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao Programa de Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, inescusablemente xunto coa totalidade da documentación requirida (orixinal ou copia compulsada previamente no Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego, agás o DNI).

Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública ca finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar as persoas novas a súa primeira experiencia laboral que lle permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe no entorno da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:

Leer más

NOTA DE AVISO – Convocatoria para o ano 2014 do “Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa”- CONCELLO DE VIGO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión de data 26 de setembro de 2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do “Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 188 do martes 30 de setembro de 2014).

1192994625concelloAs solicitudes achegaranse, segundo modelo normalizado (Anexo I), ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao Programa de Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, inescusablemente xunto coa totalidade da documentación requirida (orixinal ou copia compulsada previamente no Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego, agás o DNI).

Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública ca finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar as persoas novas a súa primeira experiencia laboral que lle permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe no entorno da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:

Leer más

NOTA DE AVISO-Cambios en las declaraciones informativas de los modelos 347 y 180

En el BOE del 26 de septiembre, se ha publicado la Orden HAP/1732/2014, de 24 de septiembre, que modifica la Orden EHA/3012/2008, de 20 de octubre, por la que se aprueba el modelo 347 de declaración anual de operaciones con terceras personas, así como los diseños físicos y lógicos y el lugar, forma y plazo de presentación; y la Orden de 20 de noviembre de 2000, por la que se aprueban los modelos 115, en pesetas y en euros, de declaración-documento de ingreso, los modelos 180, en pesetas y en euros, del resumen anual de retenciones e ingresos a cuenta sobre determinadas rentas o rendimientos procedentes del arrendamiento o subarrendamiento de inmuebles urbanos del IRPF, del IS y del IRNR, correspondiente a establecimientos permanentes, así como los diseños físicos y lógicos para la sustitución de las hojas interiores del citado modelo 180 por soportes directamente legibles por ordenador y se establecen las condiciones generales y el procedimiento para su presentación telemática. La referida norma entra en vigor a partir del día 27 de septiembre y será de aplicación por primera vez para la presentación de las declaraciones informativas correspondientes a los citados modelos 347 y 180 correspondientes al ejercicio 2014.

Leer más

NOTA DE AVISO – Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar hoxe a resolución que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas do programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino, promoción do emprego e novas formas de organización do traballo que axuden a conciliación da vida persoal e laboral.

xunta-de-galicia

De forma máis concreta, o programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo a creación de novos postos de traballo.

Para lograr os seus obxectivos, o programa Emega porase en marcha a través de cinco liñas de actuación específicas. Así, a liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica) e, finalmente; “Concilia”, un programa de apoio a conciliación da vida laboral.

Para as axudas desta convocatoria -cofinanciadas con Fondos FSE- destinarase un orzamento de preto de 670.000 euros.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias deste tipo de axudas as empresas ou proxectos empresariais formados por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción na Comunidade Autónoma de Galicia, que non pertenzan o sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro.

Ademais, valoraranse entre outros criterios a calidade do proxecto, a contribución á integración laboral de mulleres en paro, con algún tipo de discapacidade ou outro tipo de situación especial ou risco de exclusión social.

O prazo de presentación de solicitudes queda aberto dende mañá día 12 de agosto e se pechará o próximo 11 de setembro. Dita presentación poderá realizarse por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Para calquera aclaracion o respecto, poñerse en contacto connosco o TF 986226483 (Departamento Fiscal) ou ben fiscal@www.quattro.villarayito.com

Un saudo

quattroasesoria

NOTA DE AVISO – Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Estimados Sres;

Facemoslle chegar un pequeno resumo dunha axuda da Xunta de Galicia para a modernizacion no comercio retallista e artesanal galego (melloras de webs, packaging, etiquetaxe, etc…)

OBXECTO

Concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:
  1. Ferramentas que melloren a xestión do establacemento/obradoiro e o deseño dos productos, e que non foron utilizados anteriormente.
  2. Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellor a loxística e comercialización do producto.
  3. Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo a disposción dos clientes recursos tecnolóxicos.
  4. Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que  impliquen a utilizacion das redes sociais para a venda.
  • Federacións de comerciantes:
  1. Gastos de desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas e webs para teléfonos móbiles. (Só se podera presentar a solicitude para unha aplicación informática)
  • Asociacións profesionais de artesáns.
  1. Sistemas que engadidos ao producto ou as seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou valores engadidos.
  2. Proxectos de deseño e creación de novos productos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

GASTOS NON SUBVENCIONABLES

  • Impostos indirectos ou impostos persoais sobre a renda.
  • Obras para o acondicionamento do local.
  • Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.
  • Adquisición de moblaxe.
  • Ordenadores, TPV
  • Bolsas convencionables.

BENEFICIARIOS

  • Comerciantes retallistas.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Empregen menos de 10 traballadores e non teñan consideranción de grande estabalecemento comercial.
  3. Que estea dado de alta en algún dos epígrafes do IAE (ANEXO II)
  4. Inscritos no Rexistro Galego de Comercio.
  • Titulares de obradoiros artesanais.
  1. Obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  2. Uso da marca Artesanía de Galicia.
  • Federacións de comerciantes sen fins de lucro.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Inscritas no Rexistro Galego de Comercio.
  • Asociacións profesionais de artesáns de Galicia
  1. Alomenos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non son beneficiarios empresas en crise.

DOCUMENTACIÓN

  • DNI/CIF.
  • Acta, escritura ou documento de constitución.
  • No caso de federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:
  1. poder suficiente de quen represente a entidade solicitantes xunto co DNI.
  2. certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da federación ou asociación profesional de artesáns e que acredite o número de asociados que a integran.
  3. no caso de estar exento do imposto sobre o IVE, documentación acreditativa da mencionada exención.
  4. informe da mesa local de comercio correspondente relativo á solicitude de subvención.
  5. certificación emitida pola persoa que exerza a secretaría da entidade solicitante, donde se faga constar a relación de establecementos comerciais que están implicados na implnantación do proxecto.
  6. certificado emitido pola secretaría da entidade se o proxecto implica o establecemento  dunha política ambiental.
  • No caso de comerciantes retallistas:
  1. certificación expedida pola Axencia Tributaria no cal se indiquen os epígrafes dos imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.
  2. documentación acreditativa do número de traballadores (TC2) do mes anterior a presentación da solicitude ou xustificante da non existencia de traballadores.
  3. Certificado de pertencer a unha asociación de comerciantes ou artesáns.
  4. Xustificación de ter implantada na súa páxina web a venda en liña.
  • Certificado de estar o corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Triburaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
  • Facturas ou, no seu defecto facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos e de forma desagregada. Deben estar asinadas ou co selo orixinal do provedor.
  • Se a solicitude non reúne algun dos requisitos: 10 días hábiles.
  • Recurso protestativo de reposición: 1 mes a partir do día seguinte ao da notificación.
  • Recurso contencioso-administrativo: 2 meses a partir do día seguinte ao da notificación, se esta fose expresa, ou de 6 meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produzca o acto presunto.
  • Prazo para resolver e notificar: 5 meses.
  • Presentación: 1 mes dende a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaracion, por favor, contacten connosco o 986226483 (DEPARTAMENTO FISCAL) ou fiscal@www.quattro.villarayito.com

Un saudo