NOTA DE AVISO – AXUDAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VIGO A CREACION DE EMPRESAS 2016

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria de data 20/05/2016 aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2016 das Axudas Municipais á Creación de Empresas 2016.

As solicitudes, segundo modelo normalizado (Anexo I), xunto coa totalidade da documentación requirida achegaranse ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos.

O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse a partir do día seguinte á data de publicación do “Extracto da convocatoria” no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións e rematará o 10/07/2016.

concello-vigo

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: – 10/07/2016

Documentación

 

Poderan acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial no municipio entre o 1 de abril e o 31 de marzo de 2016 que cumpran cas obrigas establecidas nas bases.

O Importe Maximo destas axudas será de 3.000 € por empresa beneficiaria e non podera superar o 50% dos gastos efectuados durante o periodo indicado nin exceder da contia total do investimento inicial realizado polos promotores/as