A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión de data 26 de setembro de 2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do «Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa», as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 188 do martes 30 de setembro de 2014).
As solicitudes achegaranse, segundo modelo normalizado (Anexo I), ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao Programa de Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, inescusablemente xunto coa totalidade da documentación requirida (orixinal ou copia compulsada previamente no Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego, agás o DNI).
Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública ca finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar as persoas novas a súa primeira experiencia laboral que lle permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe no entorno da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:
I) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa ITIVI)
II) Programa de incentivos a contratación (Programa ICV) , por conta allea , de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas inscritas como demandantes de emprego na correspondente oficina do Servizo Público de Emprego.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 16 de Outubro de 2014
Para mais información, debe contactar con:
CONCELLO DE VIGO
Praza do Rei 1, 36202 Vigo – Pontevedra
Telf.: 986 81 01 00
Bases reguladoras e convocatoria (30/09/2014)
Anexos – (30/09/2014)