NOTA DE AVISO – PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS – XUNTA DE GALICIA

25 Nov 2020 | Notas de aviso

Inicio » row » NOTA DE AVISO – PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS – XUNTA DE GALICIA

Estimado Cliente;
Remitese información das bases reguladoras do PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 – TR400A- DOG núm 233 de mercores 18 de novembro de 2020

Lembramoslle que dende quattroasesoria tramitamos e xustificamos estas axudas. No caso de que vostede estivera interesado quedamos a sua disposición para calquera consulta.
A continuación, detallanse os puntos destacados das bases reguladoras:
BENEFICIARIOS
1. Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Rexime de traballadores do Mar como traballadores por conta propia que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecido o cese ordinario o extraordinario de actividade regulado no RD Ley 30/2020 de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
2. Para as axudas indicadas no punto B) do apartado de cuantía da axuda, as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir os anteriores requisitos deberá estar encadrado nalguns dos sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada:

  • Lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, establecementos de salas de concertos que desenrrolen actividade de forma análoga que os anteriores e outros. café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco, karaokes.)
  • Actividades de atraccions de feiras que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 7489, 5610, 5629, 5630, 9200
  • Os negocios encadrados nos CNAE: 4932, 5010, 5030, 5621, 5914, 7911, 7912, 7990, 8230, 9001, 9002, 9004, 9321, 9329.
    • CNAE 4932: transporte por taxi.
    • CNAE 5010: transporte marítimo de pasaxeiros.
    • CNAE 5030: transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
    • CNAE 5621: provisión de comidas preparadas para eventos.
    • CNAE 5914: actividades de exhibición cinematográfica.
    • CNAE 7911: actividades das axencias de viaxes.
    • CNAE 7912: actividades dos operadores turísticos.
    • CNAE 7990: outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos.
    • CNAE 8230: organización de convencions e feiras de mostras.
    • CNAE 9001: artes escénicas.
    • CNAE 9002: actividades auxiliares as artes escénicas.
    • CNAE 9004: xestion de salas de espectáculos.
    • CNAE 9321: actividades dos parques de atraccions e os parques temáticos.
    • CNAE 9329: outras actividades recreativas e de entretenemento

REQUISITOS E OBRIGAS:
• Non ter deudas con Facenda, Seguridade Social e Facenda da Xunta
• Permanecer de alta no RETA ou no rexime de traballadores do mar nun tempo mínimo de 2 meses dende o 18/11/2020
CUANTIA DA AXUDA
• A) 1.200 € para persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos do punto 1 anterior.
• B) 2.000 € para persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos do punto 2 anterior.
PRAZO DE PRESENTACION
• Ata o 18 de decembro de 2020
PRESUPOSTO
• 30.000.000 €
DOCUMENTACION
XUNTA_RescateAutonomos_2020
XUNTA_RescateAutonomos_Extracto_2020
As subvencions resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas
CONCESION DIRECTA
 
Para calquera consulta, estamos a sua disposicion no mail fiscal@quattroasesoria.com ou ben no telefono 986226483
Departamento Fiscal
quattroasesoria