- quattroasesoria - https://quattroasesoria.com -

NOVAS AXUDAS para Hostalaría e Outras Actividades Pechadas

Xa saíron publicadas as novas axudas da Xunta de Galicia para HOSTALARIA E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS por  COVID.

TR500C – Programa I. Hostalaría.

Obxecto

Apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarios

Sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, que estea afectado polo peche sanitario, entendendo como tal aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o seu interior, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

Requisitos

* Ter domicilio fiscal en Galicia.

* Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia.

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 12 millóns de euros.

Importe da axuda segundo a data de peche do establecemento ou no caso de hoteis, hostais, casa rurais e outro tipo de aloxamentos pola data de peche perimetral do concello.

– Peche desde o 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establecen o peche sanitario: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular onde figurarán todos os establecementos afectados polo peche.

TR500D – Programa II. Outras actividades pechadas.

Obxecto

Apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarios

Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I Hostalaría, desta orde.

Requisitos

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia, entendendo que está afectado polo peche aquel establecemento que non puidese ter aberto segundo a normativa sanitaria e estea no número 4 das medidas especiais para determinadas actividades do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021, incluídas as atraccións de feira.

– Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 3 millóns de euros.

Importe da axuda segundo a data de peche:

– Peche desde 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establezan o peche sanitario: 2.700 €

– As actividades de atraccións de feira: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidades inalada.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado polo que se deberá presentar unha única solicitude por titular, figurando todos os establecementos afectados polo peche.

O prazo de presentación de solicitudes tanto para o Programa I como o II será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Nos seguintes enlaces deixámosvos os enlaces directos ás infografías da Xunta.

Información axudas Hostalaria [1]

Información axudas Outras actividades pechadas [2]

 

Lembre que todas as notas de aviso, boletín, publicación de blog e outras novas actuais están dispoñibles para vostede tanto na nosa  WEB [3] coma en FACEBOOK [4]  TWITTER   [5]LINKEDIN [6] INSTAGRAM [7] e coma novidade por WHATSAPP [8]

Para calquera aclaración, a través do 986226483 ou fiscal@quattrosaesoria.com [9]

Departamento Fiscal

quattroasesoria