NOTA DE AVISO – PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 € (2013)

17 Jun 2013 | Zona de circulares | Notas de aviso

Inicio » Zona de circulares | Notas de aviso » NOTA DE AVISO – PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 € (2013)

Facemoslle chegar a información referente a publicación das bases reguladoras das axudas do Igape a PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 € (2013)
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG174 – PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 € (2013)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.
3. TIPOS DE APOIO
Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1. As pemes que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no Regulamento nº 800/2008, e acometan proxectos subvencionables.
2. Cumprindo os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser así mesmo beneficiarios:
a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lles correspondan á agrupación.
b) As agrupacións de interese económico.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, segundo o Regulamento CE 800/2008. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia.
5. SECTORES INCENTIVABLES
O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha da seguintes actividades do sector sevizos independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
a) A construción.
b) O comercio por xunto e o comercio polo miúdo: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09: grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
c) O transporte e almacenamento.
d) Servizos hostaleiros de aloxamento.
e) Servizos de información e comunicacións.
f) Seguros, reaseguros e fondos de pensións excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.
g) Actividades inmobiliarias.
h) Actividades profesionais, científicas e técnicas.
i) Actividades administrativas e servizos auxiliares.
j) Educación.
k) Actividades sanitarias e de servizos sociais.
l) Actividades artísticas, recreativas e de entretemento.
m) Outros servizos.
* Non serán subvencionables as seguintes actividades:
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura:
– CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40)
– CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38
b) O sector da industria siderúrxica:
– CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52
c) O sector de fibras sintéticas.
d) O sector do carbón e do aceiro:
– CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)
e) O sector da construción naval:
– CNAE 09: Clase 30.11
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos, consideraranse como único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:
a) Sectores de servizos de apoio, comercialización ou directamente relacionados cos prioritarios relacionados no anexo IV a estas bases (15 puntos).
b) Empresa adscrita a un clúster galego legalmente constituído (5 puntos).
c) Compromiso de creación de emprego na peme. 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear respecto aos traballadores existentes a 1 de xaneiro do ano da convocatoria. 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos empregos a crear nese período pertence a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social ou mulleres desempregadas (0 – 20 puntos).
d) Localización do proxecto dentro de Galicia, segundo o anexo III (0 – 20 puntos).
e) Grao de innovación:
i. A nivel de empresa:
1. Xeración dun novo servizo (15 puntos).
2. Procesos non realizados previamente (10 puntos)
3. Mellora ou automatización de procesos preexistentes (5 puntos)
ii. Orixe da innovación (lugar de fabricación dos activos que se van implantar):
1. Galicia (15 puntos)
2. Resto de España (10 puntos)
3. Estranxeiro (5 puntos)
f) A existencia de sistemas de calidade e de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (10 puntos)
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.
b) Equipamentos para proceso de datos.
c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa, cos requisitos do Decreto 432/2009, do 11 de decembro. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa).
d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (estanterías, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).
e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20% do investimento subvencionable total.
CONDICIÓNS DOS GASTOS SUBVENCIONABLES
– Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados, sobre os cales se solicita subvención, con carácter previo á solicitude de axuda, de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.
– Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. A elección entre as ofertas presentadas deberán presentarse coa solicitude de axuda coa firma e selo orixinal do provedor.
– Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade.
– O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.
– Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
– No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais os requisitos do artigo 5.6 das bases.
– Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes.
– Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.
– Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
A subvención poderá chegar ata o 40% dos investimentos subvencionables, e ata o 50% se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas, sen superar as limitacións especificadas nos apartados anteriores.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas son incompatibles con calquera outra liña de axudas ou subvencións para o mesmo proxecto cofinanciada con fondos ou instrumentos da UE.
Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que respecten as intensidades de axuda máxima: o 40% do gasto subvencionable para medianas empresas e o 50% do gasto subvencionable para pequenas empresas, excepto no sector do transporte que será o 30%.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 7 de xuño de 2013 (DOG Nº do 17/06/2013) – Bases reguladoras das axudas á reorientación e competitividade.
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
INFORMACIÓN:
– nas oficinas territoriais do IGAPE
– no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47
– a través de www.igape.es
– informa@igape.es
TRAMITACIÓN
Cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.tramita.igape.es
Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47
As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática.
Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
b) Certificado de sistemas de calidade e de xestión ambiental emitidos por entidade acreditada.
c) Certificado actualizado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa en Galicia, ao peche do exercicio anterior á presentación da solicitude de axuda
d) No caso de que o solicitante sexa unha empresa pertencente a algún clúster galego: certificado expedido polo correspondente clúster da pertenza do solicitante ao dito clúster.
e) No caso de que o solicitante sexa unha agrupación sen personalidade xurídica: acordo notarial de constitución da agrupación detallando a descrición do proxecto para o que se solicita a axuda, os membros da agrupación, coa súa porcentaxe de participación no mesmo e a porcentaxe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e o representante ou apoderado único da mesma e para cada un dos membros da agrupación, a documentación correspondente citada nas letras anteriores.
f) As tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.3 das bases reguladoras.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es segundo o artigo 9.7 das bases.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, no rexistro da Axencia Galega de Innovación (GAIN), nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañada da documentación establecida, en orixinal ou copia cotexada.
14. OBSERVACIÓNS
O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014.
Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento da subvención no prazo improrrogable dun mes desde o remate do prazo de execución establecido na resolución de concesión sen que nunca poida exceder do 30 de outubro do 2014.
NOTA DE AVISO – PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR A 30.000 € E ATA 200.000 € (2013)