NOTA DE AVISO – SUBVENCIONS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)

28 Jun 2013 | Zona de circulares | Notas de aviso

Inicio » Zona de circulares | Notas de aviso » NOTA DE AVISO – SUBVENCIONS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)

Facemoslle chegar a información referente a publicación das bases reguladoras das axudas da CONSELLERIA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA DA XUNTA DE GALICIA  SUBVENCIONS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA) 
NOTA DE AVISO – SUBVENCIONS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)
logo_igape
 
 

ORGANISMO
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación:
1.1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.
1.2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
1.3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
1.4. Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa. 
3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva 
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Poderán ser destinatarias das axudas do programa Emega as empresas formadas por mulleres emprendedoras, con domicilio social e establecemento de produción en Galicia, validamente constituídas na data de finalización do prazo de solicitudes e que cumpran os requisitos e as obrigas establecidos nesta resolución para cada liña específica de axuda.
A actividade mercantil será realizada por empresarias autónomas ou sociedades, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, con categoría de microempresas ou pequenas empresas.
Con carácter específico quedan excluídas do ámbito desta resolución as empresas públicas ou participadas e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
1.1.Poderán ser beneficiarias das axudas da liña Emprende: 
As mulleres que poñan en marcha unha iniciativa empresarial a través de microempresas ou pequenas empresas, establecéndose como empresarias autónomas ou constituíndo sociedades mercantís, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
a) Que se acredite ausencia de actividade laboral derivada dunha situación legal de desemprego ou de inactividade por maternidade e/ou coidado de persoas dependentes a cargo, por un período mínimo de tres meses inmediatamente anterior ao día primeiro do mes de alta na actividade. No caso de empresas constituídas por máis dunha muller, esta condición exíxese ao 50% das promotoras.
b) Que se creen na empresa os postos de traballo de todas as promotoras e, no caso de empresas unipersoais, se cree, ademais, un posto por conta allea para unha muller.
c) Que o inicio da actividade empresarial se produza nos doce meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, computándose dentro do prazo as altas que se produzan en calquera data dos meses de inicio e de finalización deste prazo.
Para os efectos deste programa de axudas, o inicio de actividade está determinado pola alta da actividade no IAE ou da declaración censual (no caso de varias actividades terase como referencia a da actividade principal que coincidirá coa que é obxecto da solicitude da axuda) e pola alta das promotoras no réxime da Seguridade Social ou mutualidade profesional que corresponda. Ambas as dúas altas teñen que formalizarse no mesmo mes.
Con carácter excepcional, logo da xustificación da solicitante, sempre que a Administración convocante admita a existencia de causa razoada, poderase entender que se cumpre o requisito anterior cando, polo menos, a metade das socias causen alta no mes en que se produza a alta fiscal da empresa e o resto con anterioridade á fin do prazo de xustificación fixado na respectiva convocatoria.
d) Que presenten un plan de empresa en que se desenvolva a planificación do proxecto empresarial concretando os obxectivos, estratexias e medios necesarios para a actividade da empresa, elaborado nos termos que se indican nesta resolución.
e) Que non tivesen con anterioridade actividade mercantil na mesma actividade económica para a que se solicita a axuda e que non recibisen nos últimos cinco anos axuda do programa Emega para creación de empresas.
1.2. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña Innova para a realización dun proxecto de mellora empresarial as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten no mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes actividade empresarial ininterrompida entre 2 e 5 anos no mesmo sector para o cal se proxecta a mellora.
b) Que presenten un plan de empresa en que defina o proxecto de mellora empresarial e a estratexia para a súa implementación, elaborado nos termos fixados nesta resolución.
c) Que o proxecto de mellora supoña a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller para o que se exixa capacitación profesional media ou superior e cuxas funcións laborais estean vinculadas directamente ás accións do proxecto de mellora.
d) Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:
– Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes.
– Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
– Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
– Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
e) Que non recibisen nos últimos cinco anos axuda dos programas Emega para mellora de empresas.
1.3 Poderán ser beneficiarias das axudas da liña Activa as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que proxecten a reactivación da súa actividade económica para o mantemento do emprego e que cumpran os seguintes requisitos:
-a) Que acrediten un período mínimo de actividade mercantil na actividade económica para a cal se solicita a axuda de 3 anos no mes de finalización do prazo de solicitudes, admitíndose períodos de inactividade que en total non superen os 3 meses na data indicada.
-b) Que presenten un plan de empresa para a reactivación e consolidación da empresa que conteña todos os aspectos que condicionan o seu funcionamento e que, partindo da análise razoada da situación actual, recolla as necesidades que se deben cubrir a curto, medio e longo prazo de calquera medida imprescindible para acadar o equilibrio empresarial, sexan de tipo estrutural, conxuntural, de cualificación de medios humanos, de ampliación ou renovación de produtos ou servizos, de localización, de equilibrio entre oferta e demanda, específicas de mercado de proximidade, económicas, tecnolóxicas, etc. Este plan incluirá o cadro de persoal, a conta de resultados e o volume de negocio dos últimos 3 anos de funcionamento e presentarase nos termos establecidos nesta resolución
c) Que manteñan ou incrementen o número de postos de traballo por conta propia e por conta allea preexistentes na empresa.
d) Que non recibisen nos últimos cinco anos axuda dos programas Emega
1.4. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña Concilia as empresas que opten a calquera dos programas establecidos nestas bases reguladoras sempre que se produza algunha das situacións que se sinalan, de acordo coas condicións definidas na base 3.ª para cada tipo de axuda desta liña:
a) Que formen parte da empresa promotoras con fillos/as que non superen os 3 anos de idade na data límite de xustificación.
b) Que se asine un acordo ou convenio de conciliación para o persoal asalariado, aprobado polas/os traballadoras/es ou representantes sindicais e vinculante para as partes, para a implantación de novos sistemas de organización que favorezan a conciliación, a non segregación e que comparten flexibilización horaria.
c) Que se asinen acordos de teletraballo, formalizados de xeito individual, co persoal vinculado á empresa por contrato laboral. 
5. SECTORES INCENTIVABLES
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
As categorías das empresas que poden optar ás axudas son as pequenas empresas, que se definen como as unidades económicas que ocupan a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros, e as microempresas, que son aquelas que ocupan a menos de 10 persoas e que teñen un volume de negocio anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
A administración de todas as empresas de tipo societario que opten a calquera das axudas establecidas nesta resolución ten que ser exercida por mulleres e o capital social pertencer unicamente a mulleres cando se trate de microempresas e estar maioritariamente subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.
O plan de empresa, que é o documento guía para a análise, planificación e viabilidade do proceso emprendedor, presentarase nun documento cunha extensión non superior a vinte páxinas, con información
totalmente actualizada, clara, concisa, veraz e comprobable, abarcará todas as áreas da actividade obxecto de axuda e definirá as seguintes epígrafes, adaptadas en cada caso ao proxecto concreto:
a) Idea e oportunidade: resumo inicial, en que se indicarán os datos identificativos (nome, enderezo, razón social, nome comercial) e se presentarán a misión e os obxectivos da empresa, definición do produto/servizo, o sector a que se dirixe, necesidades que teñan que cubrir, novidades ou innovacións achegadas, trazos diferenciais, ámbito xeográfico da actividade, obxectivos de vendas e de rendibilidade e referencia a experiencias similares de éxito.
b) Análise do contorno e dinámica competitiva: delimitación do segmento de mercado a que se dirixe o produto ou servizo e potencial de crecemento, perfil e tipoloxía da clientela, valoración da competencia directa, vantaxes competitivas do produto fronte á oferta existente.
c) Política comercial: atende ás variables produto/prezo/distribución/comercialización; nesta epígrafe definiranse as características do produto ou servizo que se vai comercializar, o proceso de fabricación (produto) ou de prestación (servizo), elementos diferenciadores do produto ou servizo (deseño, calidade, presentación, servizo posvenda, etc.), a política de prezos, plan de vendas, sistema ou canles de distribución e loxística, promoción e publicidade, imaxe corporativa.
d) Plan de produción e compras: identificaranse os medios técnicos necesarios para o proceso de fabricación ou adquisición, as instalacións e tecnoloxía aplicada, plans de control de calidade, aprovisionamentos, xestión de stocks, capacidade produtiva e flexibilidade por variacións da demanda.
e) Organización e recursos humanos: presentarase o equipo promotor (datos identificativos, historia profesional, coñecemento do sector, capacidades e complementariedade, e incluiranse os currículos de todas as persoas promotoras; cadro de persoal (indicación da denominación dos postos, ocupación por homes ou mulleres) actual e previsto, detalle do organigrama e formación, experiencia e funcións profesionais do equipo humano, política de persoal e de retribucións, programa de medidas empresariais para a conciliación da vida persoal e profesional (servizos de conciliación, sistema de organización do traballo, flexibilización da xornada para o emprego corresponsable dos tempos).
f) Plan xurídico-fiscal: referencia aos aspectos legais da constitución da empresa e da súa vida diaria, forma xurídica adoptada, réxime fiscal da empresa, permisos e licenzas, principais contratos e acordos (de alugueiros, franquías, de exclusividade de produción).
g) Plan económico-financeiro: constitúe a estimación dos resultados financeiros previstos para determinar a viabilidade financeira do proxecto, cálculo do investimento inicial necesario (gastos de constitución, instalacións e equipamentos, acondicionamentos, traspasos, fianzas, leasing, existencias iniciais, subministracións básicas, etc.) para a posta en marcha do proxecto; fontes de financiamento dispoñibles (capital propio e financiamento
alleo), previsión de resultados (gastos e ingresos estimados dos tres primeiros anos da
actividade proxectada).
h) Conclusións: resumo das principais fortalezas do proxecto, identificación das debilidades, ameazas e riscos e exposición das vantaxes e oportunidades.
O período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada establécese en tres anos desde a data de alta na actividade ou desde a alta dos/as traballadores/as por conta allea, de ser esta posterior. En consecuencia, os acordos ou convenios para a conciliación teñen que manterse vixentes nese período e todos os postos de traballo e teletraballo que se creen teñen que estar cubertos por un período mínimo de tres anos, que se computará desde que se produzan as altas correspondentes no sistema da Seguridade Social ou mutualidades profesionais.
En todo caso, estas altas terán lugar, como data límite, na fixada para presentación da xustificación na correspondente convocatoria. Para os efectos do disposto neste punto, cando remate un contrato por causa allea á empresa, sempre que se volva ocupar o dito posto no prazo máximo dun mes, o período mínimo de tres anos non se considerará interrompido.
Para os efectos do cumprimento do requisito de creación de postos de traballo por conta allea non se computarán os contratos de interinidade.
Todas as promotoras das empresas beneficiarias das axudas reguladas nesta resolución teñen a obriga de vincularse laboralmente a elas, desenvolvendo de xeito habitual e cotián a súa actividade profesional na empresa obxecto de axuda.
As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.
Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período de permanencia da actividade. 
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
9. CONTÍA DAS AXUDAS
As axudas destinadas ás beneficiarias do programa Emega consisten en achegas económicas en forma de prima destinadas a apoiar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras, a promover a creación de emprego feminino, á adopción de novas formas de organización do traballo e a favorecer a conciliación da vida persoal e laboral.
Para iso establécense as seguintes contías, segundo as liñas de actuación definidas na base anterior e o número de postos de traballo, por conta propia e allea, xerados:
1. Liña Emprende:
1.a) Prima de 12.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo por conta propia ou un posto por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
1.c) Prima de 20.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.d) Prima de 22.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
2. Liña Innova:
2.a) Prima básica de 15.000 euros por empresa.
2.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que, ademais do emprego obrigatorio fixado na base 3.ª, creen un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
2.c) Prima de 22.000 euros ás empresas nas cales existan máis de dúas traballadoras autónomas e se cree, ademais do emprego obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
3. Liña Activa:
3.a) Prima de 6.000 euros ás empresarias autónomas.
3.b) Prima de 12.000 euros ás sociedades constituídas por dúas promotoras e ás empresarias autónomas, sempre que, neste último caso, se manteña ou, no seu defecto, se cree un posto de traballo con contrato indefinido para outra muller.
3.c) Prima de 18.000 euros ás empresas que manteñan ou creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
3.d) Prima de 20.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
3.e) Prima de 22.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos de traballo autónomo e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
4. Liña Concilia:
4.a) Prima básica de 3.000 euros por empresa con promotoras con fillos/as menores de tres anos.
4.b) Prima de 5.000 euros por acordo ou convenio de conciliación.
4.c) Prima de 1.000 euros por contrato de teletraballo, para mulleres ou homes, co máximo de 5.000 euros.
Para as axudas desta convocatoria establécese o tope específico de 30.000 euros por empresa, incluídos os tipos de axuda da liña Concilia, tendo en conta que as liñas Emprende, Innova e Activa son incompatibles entre si e que dentro de cada liña só se pode ser beneficiaria dunha única prima, agás na liña Concilia, en que unha empresa pode beneficiarse da prima por nais emprendedoras e dunha das establecidas en función da existencia de persoal asalariado. Todo iso sempre que se respecten os topes xerais de axuda minimis. 
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. 
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
As liñas Emprende, Innova e Activa son incompatibles entre si. 
Ademáis, estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención corrente destinada ao fomento do emprendemento feminino, ben a través da creación de emprego autónomo ou ben pola xeración de postos de traballo por conta allea para mulleres.
Tendo en conta o anterior, en ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere os límites legalmente establecidos.
As persoas solicitantes deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de todas as axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade, usando o formulario establecido para o efecto nesta resolución, o cal terán que volver xuntar actualizado no momento de presentar a xustificación para o cobramento das axudas. 

 
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 14 de maio de 2012 (DOG Nº96 do 22/05/2012) – Bases reguladoras e convocatoria 2012
Resolución do 14 de maio de 2012 (DOG Nº104 do 01/06/2012) – Corrección de erros
Resolución do 21 de xuño de 2013 (DOG Nº118 do 21/06/2013) – Convocatoria 2013
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código SI429A, poderase obter información adicional polos seguintes medios:
a) Secretaría Xeral da Igualdade
b) Servizos de Igualdade das delegacións territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
c) Web oficial da Xunta de Galicia, https://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos
d) Web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade, https://www.igualdade.xunta.es
e) Enderezo electrónico promocion.igualdade@xunta.es
f) Teléfono 881 99 92 33
g) Presencialmente previa petición de cita.
Cando as solicitantes e beneficiarias desexen recibir directamente as alertas informativas relativas ao desenvolvemento do procedemento deberán indicar no formulario de solicitude unha conta de correo profesional a través da cal a Secretaría Xeral da Igualdade lles enviará os correspondentes avisos e calquera outra nova, meramente informativa, vinculada a esta axuda. 

 
14. OBSERVACIÓNS
Para a xustificación das axudas concedidas, as beneficiarias presentarán a documentación que se sinala nas bases reguladoras con data límite do 30 de novembro de 2013.